POLIDEPORTIVO

Solange Pereira e Rodrigo Germade, os mellores do ano en Cangas

Rodrigo Germade (D)
Rodrigo Germade (D)
Solange Pereira e Rodrigo Germade, os mellores do ano en Cangas

 A atleta Solange Pereira e o palista Rodrigo Germade recibiron onte o premio ó mellor deportista feminino e masculino do ano na Gala do Deporte de Cangas. 
O acto, celebrado onte no Auditorio Muncipal, tivo unha ampla lista de 26 galardoados. No apartado individual as distincións por deportes foron as seguintes: Xosé Piñeiro (columbofilia), David Villar (baloncesto), Lidia Outeiral (artes marciais), Miguel Pereiro (actuvidades subacuáticas), Laura Rodríguez (tenis de mesa), Vicky Piñeiro (remo), Gema Dacosta (ciclismo), Catalina Eirea (voleibol), Mario Otero (tenis), Rodrigo Corrales (balonmán), Mar Chillón (atletismo), Nacho Fernández (vela) e Teresa Portela (piragüismo). 
Ademais, entregáronse varios premios e distincións a colectivos. Foron os seguintes: Tien-21 (empresa), Rafael Graña (traballo polo deporte), Náutico de Rodeira (mellor club), Antonio Barreiro (mellor adestrador), Marta Cochón (deportista non en activo), Tiro a Chave do Morrazo (promoción do deporte popular), Pablo Graña (promesa masculina), Marta Iglesias (promesa feminina), Mudega (Premio David Cal proxección dos valores deportivos). 
Os distintos premiados recibiron os seus galardóns nuns actos que puxeron de manifesto o alto nivel dos deportistas de Cangas. Agora, o xurado xa pode comezar a seguir a traxectoria de 2018 dos diferentes deportistas do concello para, a comezos do vindeiro 2019, repetir o certame.