atletismo cto. de españa

Solange Pereira encabeza a delegación galega en Valencia

Leticia Fernández.
photo_camera Leticia Fernández.

nnn A cidade de Valencia acolle este fin de semana o  Campionato de España de atletismo en pista cuberta coa participación de atletas de Vigo e a súa área metropolitana entre os que destaca Solange Pereira, vixente campioa de España de 1.500 metros ó aire libre e baixo teito. Terá como principal rival a Marta Pérez, líder do ránking español. A final é o domingo e nesta distancia tamén figura a tudense Leticia Fernández, co terceiro  mellor rexistro, e a céltica Alice  Finot. Pecha a participación viguesa Sandra Mosquera. 
Leticia Fernández tamén aparece nos postos de honra de 3.000 metros, ao asinar o segundo rexistro do ano con 9:21.85. Con todo, compaxinar as dúas probas parece complicado porque as  sefiminais de 1.500 e a final dos 3 quilómetros dispútanse o sábado pola tarde.
Unha situación similar vivirá o céltico Gustavo  Basconcelo, que tamén está inscrito nas dúas probas de medio fondo. En ningunha delas está entre os candidatos a medalla. Si o está polo Atletismo Feminino Celta a venezolana  Nediam  Vargas nos 60 metros. O sábado de mañá son as eliminatorias e pola tarde, as roldas definitivas. 
A participación céltica complétana Emma Valencia (60 valos) e Adolfo  Sáinz-Maza (heptatlón). A estes é preciso engadir aos vigueses Víctor Galego (peso) e Carlos Porto (1.500 metros). 
No referente á delegación galega, Ana Peleteiro é a favorita en triple salto. Lidera o ránking do ano en España.n

Te puede interesar