atletismo

San Martiño é popular

Os atletas cruzan a Ponte do Milenio ó inicio da edición 2018 da Carreira Pedestre Popular de San Martiño.
photo_camera Os atletas cruzan a Ponte do Milenio ó inicio da edición 2018 da Carreira Pedestre Popular de San Martiño.

A canguesa Soli Pereira e Alejandro Fernández lograron a vitoria nunha cita con 8.894 atletas

Unha carreira multitudinaria. San Martiño é mes de novembro, de castañas e de matanza. Tradicións populares, especialmente fortes na provincia de Ourense, pero ás que xa ten que engadir outra máis, a atlética. Porque na cidade das Burgas tamén é sinómimo de atletismo para adultos, pequeños e seareiros. Onte, ata un total de 8.894 deportistas cruzaron a liña de chegada nalgunha das catro probas que formaban a cita. 
Na competición raíña, a de 10.000 metros para adultos, os máis rápidos foron Alejandro Fernández e a canguesa Soli Pereira, que ademais batiron o récord de vitorias na competición con catro triunfos cada un. En homes completaron o podio Nuno Costa e Manuel Hurtado, mentres que Marta Casanova e a viguesa Ester Navarrete o fixeron en mulleres. En total, remataron a carreira 3.681 persoas. 
Non sería a única competición da xornada en Ourense porque o día completouse con tres carreiras máis. Na de nenos maiores, de sub-14 a sub-18, cruzaron a liña de chegada na primeira praza dous representantes do Celta de atletismo. Pedro Vázquez foi o sub-16 máis veloz e Hugo García gañou a categoría correspondente a menores de 18 anos. Esta proba rematárona 1.986 participantes. Un total de 1.971 finalizaron a cita para sub-12, con Pablo Rodríguez e Iria Solera como os máis rápidos, mentres que a carreira para nados antes de 2010 e persoas con discapacidade foi cuberta por ata 1.256 participantes. San Martiño é popular.n

Te puede interesar