liga galega

Salvación e título

A tripulación de Chapela realiza unha virada nunha regata deste curso.
photo_camera A tripulación de Chapela realiza unha virada nunha regata deste curso.

Chapela busca a permanencia no 'play-off' e Samertolameu o campionato nas regatas de Viveiro e Ribadeo, que pechan o curso

A ría de Viveiro, na desembocadura do río Landro (hoxe: 18:00), e a de Ribadeo, xa coas ondas do Cantábrico de case dous metros (mañá:12:00) serán as xuíces da tempada da Liga Galega de Traiñeiras nas súas dúas categorías. 
Non obstante, co título da segunda decidido e co da primeira case, soamente unha descualificación ou accidente pode privar a Samertolameu de non acadar o título, a competición autonómica focaliza a súa atención no 'play-off' de ascenso e descenso. 
Nel tomaran parte catro tripulacións, pero realmente son tres as que xóganse unha praza na Liga A na vindeira tempada. A Cabana, xa descendida, participa porque podería optar á permanencia se Amegrove ou Samertolameu rematan o curso co ascenso á Liga ACT. 
Mentres tanto, Chapela sétima da primeira categoría, Club do Mar Bueu e Perillo xogáranse estar na Liga A a vindeira tempada. En dúas contrarreloxo, soamente existe unha praza en xogo.
"Chegamos con moita incerteza", confesa Marco Antonio Castelao, adestrador da "Arealonga" de Chapela. O equipo redondelá reforzouse nas últimas semanas tras sufrir varias baixas e o técnico explica que "esta tarde será moi importante o rumbo. A regata é na desembocadura dun río e haberá moita corrente. A primeira marcará a tendencia". 

Titulo para Meira
Precisamente, na primeira categoría, Samertolameu avantaxa en seis puntos na clasificación xeral a Amegrove. Con oito puntos por vitoria, e ambas tripulacións case sen rivais, soamente unha descualificación nalgunha das dúas xornadas pode apartar ós de Meira do título ligueiro.n

Te puede interesar