FÚTBOL

Rober rescata un punto

Óscar Pérez, entre dous defensas do Compostela.
photo_camera Óscar Pérez, entre dous defensas do Compostela.

O Choco empata ante o Compostela tras unha primeira metade nefasta e reacción posterior

O Choco chegou onte ó descanso do seu partido ante o Compostela. Foi suficiente para acadar unha igualada nun dos campos de maior dificultade do curso e avanzar na misión de asegurar a permanencia canto antes. Un obxectivo notable para unha formación que viviu moitas semanas en posicións de descenso. Iso si, quedou coa sensación de que, sen o comezo malo, podería ter obtivo a vitoria. 
No primeiro tempo foi o Compostela o que creou máis perigo e adiantouse antes do cuarto de hora de partido nun pase en profundidade cara Santi Fernández. O dianteiro recolleu o esférico e  cun disparo por baixo superou a Cortegoso. 
O segundo tanto local foi a balón parado e fermoso. Chegou nunha falta lateral, que repelou a defensa redondelá e Diego Rey conectou unha volea. 
Marcos Montes repasou ós conceptos do seu equipo e moveu o banco no descanso. Félix entrou por Marcos Pérez, pero sobre todo mudou todo o xogo da formación de Redondela. O primeiro tanto chegou nunha falta lateral que puxo Caloi ó área e, entre Rober e o seu marcador, tocaron o esférico para envialo ó fondo da rede. 
Gabi Misa entrou ó campo por Alberto Suárez. A formación de Redondela, sen mediocentro defensivo, apostou por sacar puntos de Santiago e chegou a igualada nun pase de Caloi en profundidade que recolleu Rober para elevar ante Lucas Díaz e poñer o empate no tanteador. 
Aínda quedaban vinte minutos por xogarse, pero non chegaron máis goles. Hoxe xóganse o resto de encontros da xornada e o Choco ten asegurado rematar, como mínimo, na décimo terceira posición da táboa.

Compostela:
Lucas Díaz, Santi Taboada, Cabrejo (Lamas, min. 47), José Rodríguez, Uña, Ubeira (Martín, min. 66), Diego Rey, Vives, Santi Fernández, Gonzalo, Rubén Martínez (Seoane, min. 59).
Choco:
Cortegoso, Javi González, Molinos, Lucas, Gándara, Alberto Suárez (Gabi Misa, min. 63), Marcos Pérez (Félix, min. 46), Caloi, Comis (Ricar, min. 70), Rober, Óscar Pérez. 
Goles:
1-0, min. 14: Santi Fernández; 2-0, min. 37: Diego Rey; 2-1, min. 50: Rober; 2-2, min. 77: Rober. 
Árbitro:
Jesús López. Amosou cartón amarelo a Cabrejo, Santi Taboada, Uña, Gonzalo e José Rodríguez polo Compostela e a Lucas, Molinos e Cortegoso polo Choco.
Incidencias:
Partido da trixésimo quinta xornada en Terceira División.  

Te puede interesar