fútbol

Respirar na zona baixa

O Rápido de Bouzas visita esta tarde ó Navalcarnero.
photo_camera O Rápido de Bouzas visita esta tarde ó Navalcarnero.

O Rápido de Bouzas, penúltimo, visita a outro equipo en descenso, o Navalcarnero (16:30)

O Rápido de Bouzas ten esta tarde no campo de fútbol Mariano González un deses partidos que poden marcar unha tempada porque visita ó Navalcarnero, que ocupa unha das posición de descenso, mentres que o equipo vigués é penúltimo a catro puntos do seu rival. 
A formación dirixida por Míchel Alonso sumou a vitoria nos seus dous últimos partidos, xogados no Baltasar Pujales, e aproxímase á permanencia xa que aínda arrastra o nefasto comezo da competición no que estivo oito partidos sen gañar. 
Agora, os vigueses gañan en confianza e tamén en opcións de salvar a categoría, aínda que a permanencia a teñen a cinco puntos. Pola súa banda, o Navalcarnero caeu a pasada semana ós postos que conducen a Terceira División tras perder ante o Coruxo no Vao (3-1) e despois dun encontro no que deu un nivel de xogo baixo, ademais de perder os nervos en varias ocasións.
O equipo madrileño suma unha única vitoria nos últimos seis enfrontamentos e acadouna ante o pechacancelas de táboa, o Deportivo-Fabril.
Míchel Alonso, adestrador do equipo vigués, ten a ausencia de Antas por lesión. Das fichaxes, Clausí entrou na convocatoria e non o fixo Víctor Calarge.n

Te puede interesar