segunda división feminina

Sen relaxación e con velocidade

As olivas celebran un gol.
photo_camera As olivas celebran un gol.

O E Olivo, coas baixas de Loreto e Tami, recibe ó pechacancelas, o Barbadás (12:15)

nnn O El Olivo, líder da categoría,  ten este mediodía un deses compromisos que non deberían presentar dificultades porque recibe na súa casa, o Pahíño de Navia (12:15), ó pechacancelas da táboa, o Barbadás. 
David Ferreiro, o adestador das viguesas, indicou que "é un dos partido dos que non podes fiarte, porque se saes relaxado o campo pódese complicar". O preparador entende e espera que "o rival meta moitas xogadoras no seu campo e trate de facer presión sobre o esférico. Por este motivo, temos que ser rápidos na circulación do balón para evitar dificultades". 
No capítulo de baixas, Ferreiro perde para este encontro a Loreto e Tami. A primeira titular habitual e a segunda que apenas conta con minutos para o preparador.
En definitiva, o Pahíño de Navia vivirá un encontro que se presenta desigual entre o líder e o pechacancelas da categoría e que debería supoñer unha nova vitoria para o El Olivo.n

Te puede interesar