terceira división

Reforzos en distinta loita

Aitor Gómez protexe o esférico ante a presión de dous xogadores do Areas.
photo_camera Aitor Gómez protexe o esférico ante a presión de dous xogadores do Areas.

O Cultural Areas, penúltimo, recibe en A Lomba ó Choco (17:00), situado na sexta praza

Partido de terrible urxencia para o Cultural Areas e de tranquilidade para o Choco. O equipo local, con tres reforzos esta semana, apura as opcións de permanencia ante un conxuno deseñado para a zona baixa pero que se atopa na sexta posición, a catro puntos da promoxión de ascenso. 
O equipo dirixido por Fonsi Valverde está situado na penúltima praza a once puntos dos postos de permanencia. Polo tanto, necesita unha milagre para manter a categoría e tratouna de buscar con moitos movementos no mercado invernal. "Era cuestión de fichar ou perder a categoría", indicou o ténico do equipo de Ponteareas. Esta semana chegaron ó equipo Belforti, Titi Romero e Salva Miras, "tres futbolistas que van a xogar e que nos teñen que dar máis oficio para resolver os encontros", recoñeceu Valverde. 
Para o técnico do Areas, un dos principais problemas do seu conxunto é que "está a cometer certos erros un pouco infantís, que non se corresponden coa categoría e que provocan que perdamos encontros. Cos movementos que fixemos tratamos de solventar esta situación". 
O equipo de Ponteareas non agocha a súa delicada situación e, por isto, tamén tentou uns movementos de urxencia. A once puntos da zona de salvación ten moi complicada a permanencia e as incorporacións tamén provocaron saídas. Unha das principais, a do dianteiro Félix Rial. 
Precisamente, o atacante rematou no Choco e esta tarde xa podería medirse ó seu anterior equipo. Félix é a principal novidade do mercado invernal no equipo de Redondela e a súa chegada provocou a saída de Alberto do conxunto de Redondela. O ex xogador do Areas únese as altas xa coñecidas de Míchel e Brian.
"O Choco é un equipo con moito mérito. Nos últimos partidos non está acadando os resultados das primeiras quince xornadas, pero a súa tempada é moi boa", recoñeceu Fonsi Valverde e engadiu que "será moi perigoso, acada máis puntos lonxe do seu campo que en Santa Mariña e é un equipo moi traballado e confeccionado o gusto do seu adestrador". 
Un recoñecemento para o equipo de Redondela que, cun dos orzamentos máis baixos da categoría, está na sexta posición e no partido da primeira volta disputado en Santa Mariña derrotou ó Ares por un contuntende 4-0. 
Para este enfrontamento, o Choco perde a dous xogadores que son titulares habituais con Jacobo Montes como son Lucas e Comis. Deste xeito, o preparador terá que buscar solucións, pero todo apunta a que Cristian formará no centro da defensa e tanto Félix como Brian podería situarse nun dos extremos. 
Un partido entre dous muntos, a urxencia do Areas e a tranquilidade dun Choco, que tentará aproveitar a ansiedade do rival.n

Te puede interesar