terceira división

O Rápido vai primeiro

O Rápido de Bouzas superou onte ó Céltiga no Baltasar Pujales de Bouzas.
photo_camera O Rápido de Bouzas superou onte ó Céltiga no Baltasar Pujales de Bouzas.

O equipo de Bouzas gaña cun gol de Youssef ó Céltiga e sitúase na primera praza de Terceira

O Rápido de Bouzas xa é primeiro. O equipo vigués gañou no seu terreo de xogo ó Céltiga cun solitario tanto de Youssef e ascende ata o máis alto da táboa ó aproveitar o tropezo do ata onte líder, Racing Vilalbés. 
O equipo boucense chegou ó partido tras unha inesperada derrota ante o Ribadumia no campo da Senra. A misión de Patxi Salinas e os seus futbolistas tiña que ser superar este tropezo e mudar as sensacións para regresar a liña tomada dende o inicio de curso. Así sucedeu no Baltasar Pujales nun encontro de moita igualdade e no que sumar os puntos supuxo moito traballo ós boucenses.
O técnico apostou por un ataque formado por Pablo Carnero e Youssef, dous futbolistas que están a bo nivel esta tempada e que, ata agora, parecen ver porta con facilidade. Non obstante, o traballo do Céltiga limitou as opcións locais e a falta dun cuarto de hora, o preparador optou por retirar do campo a Carnero e introducir a Tomás para dar un novo aire ó equipo. 
A decisión foi acertada porque foi Youssef, o que mantivo no campo, anotou o tanto da victoria a falta de trece minutos. Unha vitoria que serve ó Rápido para facerse coa primeira posición.

Rápido de Bouzas: 
Diego García, Jesús Varela, Cotilla, Portas, Vietes, Yago Pérez, Juanma Torres (Nico, min. 61), Diego Diz, Nando (Raúl, min. 84), Youssef, Pablo Carnero (Tomás, min. 75).
Céltiga: 
Sergio Rodríguez, Alló, Marcos Rodríguez (Adrián Iglesias, min. 78), Carlos Gómez, Nogueira, Javi Vidal, Luis Rodríguez, Diego Fernández, Sineiro (Álex Pena, min. 61), Abal (Romay, min. 78), David Castro.
Gol: 
1-0, min. 78: Youssef. 
Árbitro: 
Adrián González Franco. Amosou cartón amarelo a Cotilla e Portas polo Rápido e a Marcos Rodríguez e Santi Nogueira polo Céltiga. 
Incidencias:
Partido correspondente á décima xornada na Terceira División disputado no campo de fútbol de Baltasar Pujales en Bouzas. 

Te puede interesar