terceira división

O Rápido busca dar un salto de calidade

Jacobo tenta controlar un balón nun partido anterior.
photo_camera Jacobo tenta controlar un balón nun partido anterior.

O conxunto de Bouzas recibe ó Vilalbés (17:00), que suma un punto máis na clasificación

nnn O Rápido de Bouzas móvese esta tempada na zona media da táboa e, na actualidade, o equipo de Jorge Otero busca camiñar con bo ritmo cara a permanencia e, se é posible, meterse na loita por entrar na zona de promoción de ascenso. Para conseguilo precisa encadear varias vitorias seguidas e esta tarde ante o Vilalbés (17:00) preséntase unha boa ocasión.
O equipo de Jorge Otero, que ocupa a décima posición na táboa, está situado a seis puntos das prazas de promoción de ascenso e cunha renda de sete sobre o descenso. Unha zona media na que tamén está o Vilalbés, oitavo, cun punto máis que o equipo vigués. 
O dianteiro Tomás é a principal baixa do equipo vigués que a pasada semana logrou a vitoria ante o Sanxenxo. O Vilalbés chega o encontro tras caer ante o Choco.n

Te puede interesar