terceira división

O Rápido busca aire en A Coruña

Jacobo observa o balón nun encontro desta tempada.
photo_camera Jacobo observa o balón nun encontro desta tempada.

O equipo vigués ocupa a undécima posición con sete puntos sobre o descenso (17:00)

O Rápido de Bouzas, na súa irregular traxectoria desta presente tempada, visita ó Silva (17:00) nun encontro que pode servirlle para alonxarse dun rival da zona baixa da táboa. 
O equipo vigués está situado na undécima posición cunha renda de sete puntos sobre o descenso e catro sobre o seu rival de hoxe, que ocupa a déximo sexta posición e, polo tanto, é o primeiro equipo que non perde a categoría. Polo tanto, o equipo e Jorge Otero podería dar un paso case definitivo no referente a permanencia na categoría, que é a súa primera misión este curso.
Para o partido de hoxe, o técnico perde a dos xogadores importantes como Tomás e Yavhé, polo que o xogo combinativo e o áreo perde forza. Non obstante, tentará dispoñer de un equipo competitivo para limitar ó Silva e, especialmente, tratar de explotar unha certa lentitude no replegue coruñés. 
O Silva é un equipo dos considerados humildes da categoría que ten como misión única a permanencia e, con altibaixos ó longo do curso, está nunha boa situación para conseguila.
O encontro disputado na primeira volta rematou con igualada a un tanto, o que indica as dificultades que pode plantexar o Silva. Esta tarde o Rápido, que soamente gañou un partido nas últimas sete xornadas, tentará subir postos na clasificación.n

Te puede interesar