terceira división

Partido chave do Areas

O Areas recibe no campo da Lomba ó Ourense.
photo_camera O Areas recibe no campo da Lomba ó Ourense.

O equipo de Ponteareas recibe ó Ourense (16:45) co obxectivo de iniciar a súa recuperación

O Cultural Areas vive esta tarde na Lomba un partido que se antolla chave nas súas aspiracións de permanencia porque precisa ós puntos para aproximarse a unhas prazas de permanencia que, por agora, están lonxe a catro puntos. 
Con dez puntos sumados ata o momento e unha xeira negativa de oito enfrontamentos sen gañar, o equipo da Lomba necesita a  vitoria antes do final dunha primeira volta que está a ser mala e con moitos problemas na faceta ofensiva, especialmente na definición.
A pasada semana, o equipo dirixido por Carlos Machado adiantouse ante o Noia, tamén en descenso, pero careceu de capacidade para resolver o encontro e encaixou o empate no treito final (1-1).

Vilalbés-Choco (16:15)
Pola súa banda, o Choco viaxa ata Vilalba para disputar un encontro cun horario pouco habitual (16:15 horas), polo que o equipo redondelán terá que adiantar a súa rutina habitual.
No aspecto futbolístico, a formación de Marcos Montes está nun momento de xogo extraordinario porque acumula sete vitorias e un empate nos últimos oito encontros. Deste xeito, saiu da zona baixa e agora xa é quinto empatado co curto. É dicir, loita pola promoción de ascenso. 
Ata terras lucenses acude coas baixas de Iago Paz e Antón Vilas, mentres que Ronald Lezcano regresa á convocatoria da que cae o canteirán Ricar. 
Pola súa banda, o Racing Vilalbés é un dos equipos clásicos e tamén fortes da categoría. Esta tempada, ó igual que o Choco, loita polas posicións altas e marcha na sétima posición a un único puntos do seu rival. Polo tanto, todo indica que será un partido marcado pola igualdade en Vilalba. Dificultades para os de Marcos Montes. 

Barco-Alondras (17:00)
O Alondras viaxa ata a comarca de Valdeorras para medirse ó Barco, un rival sempre complicado no seu terreo de xogo e que marcha na novena posición cun punto menos que a formación canguesa, que é sexta. 
Antonio Fernández carece de baixas para este enfrontamento e deixou fóra da lista de convocados a Michael, Diego e Luismi. Polo tanto, poderá apostar polo seu mellor equipo no terreo de xogo de Cabalgueiros.n

Te puede interesar