segunda división feminina

O Oviedo, un galo para o Sárdoma nas Relfas

María Calvar trata de parar a unha rival nun partido anterior.
photo_camera María Calvar trata de parar a unha rival nun partido anterior.

O Sárdoma recibe hoxe (12:15) ó Oviedo Moderno nun partido correspondente á décimo terceira xornada e que foi adiado en decembro pola forte choiva que encheu de auga o céspede artificial do campo das Relfas.
O rival do equipo vigués é unha referencia na categoría. É o vixente campión e o ocupa a segunda praza a catro puntos do líder, o Deportivo, cun partido menos. Precisamente, a formación ovetense soamente perdeu un encontro e foi ante o conxunto coruñés. Polo tanto, é claro favorito para sumar unha nova vitoria en Vigo.
Canle perde para este encontro, que se presenta de extrema dificultade, a Nerea e Sandra Serrano por lesión, mentres que Mayra non pode xogar por traballo. En todo caso, si poderá dispoñer das súas principais referencias en ataque e das futbolistas que máis minutos suman este curso. O equipo vigués marcha cuarto na táboa e, se gaña o partido, quedaría a un punto do Monte, terceiro. Iso si, as xogadoras branquiazuis chegan o encontro deste mediodía tras sumar unha inesperada e dura derrota ante o Victoria coruñés nun mal partido, dos peores da tempada.

Te puede interesar