segunda división feminina

El Olivo golea ó Barbadás

Sara Tui conduce o esférico nun partido anterior.
photo_camera Sara Tui conduce o esférico nun partido anterior.

O El Olivo acadou onte a segunda goleada consecutiva na visita a un defensivo Barbabás que logrou adiantarse no tanteador, pero que estivo moi lonxe de poder chegar ó empate ante un equipo vigués claramente superior.


Juan Carlos García 'Charlie' dispuxo un once inicial con pouco protagonismo de xogadoras de banda e Katy na punta do ataque e comezou por debaixo no tanteador nunha falta lateral que culminou Mónica porque tres xogadoras esquecéronse de facer o fóra de xogo ós trece minutos de partido.
Non obstante, antes de chegar ó descanso o El Olivo xa tiña unha vantaxe de dous tantos. Katy rematou un centro de Sara Tui para establecer o empate, a continuación, Xeila Márquez conectou un disparo dende a frontal para desequilibrar o tanteador e, de novo Katy, recolleu un pase en profundidade para superar á porteira do equipo ourensán e facer o terceiro tanto para as olivas. 
Con este resultado chegouse ó descanso e, xa na primeira acción de ataque do segundo tempo, o equipo vigués anotou o cuarto por medio de Natalia Sánchez que sentenciaba o encontro. O Barbadás tivo tempo de recortar diferencias por medio de Helena e, nos minutos finais, Jessy Vicente tivo un debut para o recordo porque tardou cinco minutos en marcar ó seu primeiro gol co El Olivo.

Barbadás: 
Bábara Martínez, María Martínez (Marta Besada, min. 46), Susana (Alba, min. 46), Mónica Naval (Andrea Rodicio, min. 46), Bibiana, María Nóvoa, Helena Ferreiro, Mónica Graña, Emma (Ilenia, min. 62), Patri Cid, Janali.
El Olivo: 
Sheila Fernández, Carla Otero, Vicky, Andrea Mirón, Loreto, Pauleta, Sara Tui, Xeila Márquez (Jessy Vicente, min. 76), Natalia Sánchez (Ceci, min. 72), Carla González, Katy (Carol, min. 61).
Goles: 
1-0, min. 13: Mónica; 1-1, min. 19: Katy; 1-2, min. 34: Xeila Márquez; 1-3, min. 38: Katy; 1-4, min. 46: Natalia Sánchez; 2-4, min. 53: Helena Ferreiro; 2-5, min. 77: Jessy Vicente. 
Árbitro: 
Breogán Martínez. Amosou cartón amarelo a Alba. 

Te puede interesar