segunda división feminina

O último tren para o Olivo

Nati, do Olivo.
photo_camera Nati, do Olivo.

O equipo vigués precisa gañar ó cuarto para manter opcións de permanencia

nnn O Olivo ten este mediodía no Pahiño de Navia (12:15) ante o Ave Fénix unha das últimas opcións de manterse con vida e chegar á xornada final con opcións de permanencia. O equipo dirixido por Toni Pazó conta con poucas opcións de salvar a categoría porque está en zona de descenso e nos últimos dous partidos enfróntase ante equipos da zona alta, que o superan de xeito claro en potencial deportivo. 
O primeiro envite é este mediodía no Pahíño de Navia ante o Ave Fénix Racing, unha formación que marcha na cuarta posición e que dispón dun fútbol ofensivo, con moita facilidade para facer goles. De feito, no seu último enfrontamento superou ó xa descendido Tordoia por 11-1. Ademais, o equipo loita por manter a súa praza porque está igualado na táboa con Friol e o Matamá suma un punto menos. 
Polo tanto, a dificultade do rival é clara e o Olivo chega ó partido moi mermado. Inés Faro e Alba non poden xogar o partido por problemas de saúde, ó que é preciso engadir a baixa de Ainoa Galarza por sanción. 
As matemáticas indican que as olivas deben gañar e esperar a que Monte e Femiastur non o fagan. A situación do Monte tamén é delicada porque conta cun punto máis que as viguesas e tamén un enfrontamento de moita dificultade, xa que recibe ó terceiro, o Sporting de Gijón. 
No peor dos casos, se o Olivo perde e gañan os seus rivais, o descenso a Primeira Autonómica sería matemático. Unha situación descoñecida para as olivas, que durante moitos años foron o mellor equipo de Galicia no fútbol feminino. Trocaron os tempos.n

Te puede interesar