FÚTBOL

O momento de avanzar

O Alondras busca superar ó Ourense (16:30) para acercarse ás catro primeiras posicións 

Mauro persigue un balón nun partido desta tempada.
Mauro persigue un balón nun partido desta tempada.
O momento de avanzar

O Alondras recibe esta tarde no campo do Morrazo a un equipo en problemas, o Ourense CF, que comezou ben a tempada, pero que agora suma unha única vitoria nos últimos oito partidos. Polo tanto, parece unha boa ocasión para que a formación de Antonio Fernández sume os tres puntos e continúe con opcións de meterse nas posicións de promoción de ascenso no treito final da tempada na Terceira División. 
No capítulo de ausencias, o equipo cangués perde a Aitor Díaz e a Diego. Polo tanto, o preparador terá opcións para formar un once competitivo que trate de acadar unha nova vitoria no primeiro partido do ano ante o seu público.

Cultural Areas-Silva
O Cultural Areas ten esta tarde un novo partido no campo da Lomba e, nesta ocasión, buscará sumar a segunda vitoria seguida como local tras desfacerse do Vilalonga o pasado 3 de decembro. Máis dun mes sen partidos da formación de Ponteareas ante o seu público.
Para este enfrontamento, Yago Yao perde a Nuno Paulo e Mape. Un jugador de ataque e outro para a defensa. Polo tanto, buscará solucións no seu banco e, entre elas, pode estar a entrada de Telmo por primeira vez no equipo titular xa que estivo na convocatoria na derrota do seu equipo ante o Choco en Santa Mariña. 
Yago Yago chegou o banco do Areas en decembro e a formación gañou en confianza e tamén en seriedade defensiva. Os trocos parecen funcionar e hoxe deberá mostralo ante o seu público contra un rival da zona alta da táboa.
O Silva iniciou a tempada como líder con doce xornadas sen perder, pero despois baixou o seu rendemento ata saír das posicións de promoción de ascenso. Polo tanto, parece estar nunha crise de resultados. Ademais, o equipo coruñés non está acostumado a xogar nun campo de herba natural. 

Somozas-Choco
O Choco desprázase ata a comarca de Ferrolterra para medirse a un equipo da zona alta como o Somozas. A formación de Marcos Montes é sétima con catro puntos menos que o seu rival, que é quinto igualado co cuarto. Polo tanto, unha vitoria dos xogadores de Redondela situaría o Choco nunha posición ideal para loitar ata o final de tempada polas posicións de promoción de ascenso. 
No capítulo de altas, Carlos Rodríguez 'Caloi' poderá saltar ó campo tras tramitarse o 'transfer' dende Finlandia e todo indica que partirá como titular porque Gabi Misa, que ocupa a mesma demarcación, é baixa por acumulación de cartóns. O excéltico Pablo Couñago non entrou na convocatoria por lesión, pero regresa Antón Escobar para a punta do ataque tras superar os problemas de nocello. 
A principal dúbida do equipo redondelán é coñecer o futbolista que ocupe o lateral esquerdo tras a saída do equipo de Gándara por motivos laborais. Sen xogador específico para o posto, todo indica que será Yago Vázquez.n