traiñeiras

Na busca de días mellores

A tripulación de Tirán Pereira, na que debutou o patrón Pepe Fernández, vogou onte pola primeira rúa, unha das máis lentas en Portugalete.
photo_camera A tripulación de Tirán Pereira, na que debutou o patrón Pepe Fernández, vogou onte pola primeira rúa, unha das máis lentas en Portugalete.

Tirán Pereira, lastrada polo carreiro, foi décima na vitoria de Urdaibai, líder en solitario

Onte a marea estaba en ascenso e na segunda metade do ciclo. En Portugalete significa que a rúa unha é un inferno e a dúas, tamén, pero un pouco menos. Por aquela zona é por onde sube con velocidade a agua salgada do Cantábrico e por onde tiña que vogar Tirán Pereira, que foi décima, e tamén Hondarribia. Se para o barco moañés vogar por alí supón un mal resultado, a "Ama Guadalupekoa" puido costarlle o título ligueiro. Aínda que nunca se pode saber porque onte gañou Urdaibai, que foi pola terceira baliza, pero a tempada vivirá a última regata tamén en Portugalete. As mareas e o sorteo poden deparar sorpresa, ou non. 
José Ángel Cambados 'Truco' seguiu onte a regata dende terra e optou por unha tripulación de circunstancias. Debutou o patrón Pepe Fernández e unha das posicións de marca foi ocupada por Yonathan Fontenla, de 20 anos, que debutou na Liga ACT esta tempada. Dous datos que indican que a "Mar do Con" optou por facer unha regata de probas e coa intención de gardar recursos para o vindeiro xoves, xornada da clasificatoria da Regata da Concha. 
No primeiro longo, o remado contra a forza do auga, o barco moañés perdeu desazeis segundos con Urdaibai, gañador da regata, e con Orio, que foi o mellor na súa quenda. Unha cousa é que exista diferenza e outra que sexa tan grande.
Ante esta situación, Tirán Pereira salvou o día ó rematar na décima posición por diante de Zumaia e Portugalete, que pechan a clasificación xeral. A "Telmo Deun" perdeu onte a categoría, pero quedou co sabor de gañar o duelo directo a un barco local que terá que disputar a promoción de ascenso e descenso. Defenderá a súa praza dentro de tres semanas. 
Na loita polo título, Urdaibai faise co liderado en solitario con dous puntos de renda sobre Hondarribia. Quedan dúas probas.n

Te puede interesar