NATACIÓN CTO. ESPAÑA

Mauro Rodríguez obtén dúas mínimas para o Europeo

Mauro Rodríguez liderou a expedición do Racing Chapela de natación que acudiu ó Campionato de España para deportistas con síndrome de Down ó obter cinco medallas, con dúas mínimas para o Campionato de Europa, que este ano celébrase en París.

Os representantes do Darlim Chapela no Campionato de España.
Os representantes do Darlim Chapela no Campionato de España.
Mauro Rodríguez obtén dúas mínimas para o Europeo


O nadador da entidade de Redondela acadou o billete nas probas de 100 e 50 mariposa, nas que finalizou segundo. Ademais, na de 200 metros neste estilo obtivo a presea de ouro e un novo récord de España con 3:27. 
A colleita de Mauro Rodríguez rematou cos bronces nos 400 e nos 200 metros estilo libre para exercer de líder da expedición do Racing Chapela en Cádiz. 
O resto de nadadores da entidade de Redondela buscaron mellorar as súas marcas persoais con especial atención a Iria Gómez, que estivo preto do podio nos 200 costas ó rematar quinta. O club de Chapela continua a súa notable labor gracia a axuda do seu principal patrocinador, a empresa Darlim do Porriño.