terceira división

Jonás, con tres goles, impulsa ó Alondras

O Alondras gañou onte e ascende á novena praza de Terceira.
photo_camera O Alondras gañou onte e ascende á novena praza de Terceira.

O Alondras ascendeu onte ata a novena posición tras acadar, por primeira vez esta tempada, a segunda vitoria consecutiva. O triunfo chegou ante un Racing Vilalbés situado en zona de descenso e que onte atopouse cun Jonás inspirado tras varias semanas sen atopar o camiño do gol. 


O dianteiro centro aproveitou dous penaltis, ós que engadiu outro tanto para asinar o seu particular 'hat-trick' no campo do Morrazo. A formación canguesa adiantouse ó cuarto de hora de enfrontamento e, tamén de penalti, o equipo de Vilalba estableceu a igualada na última acción do primeiro tempo. En quince minutos do segundo acto resolveu o conxunto cangués.

Alondras: 
Eugenio Cameselle 'Nucho', Jesús Varela, Pablo García, Abel, Agujetas, Yavhé, Osterholm (Raúl Gil 'Champi', min. 56), Iván Pérez, Mauro (Pardavila, min. 64), Álex Rey (Aitor Díaz, min. 83), Jonás. 
Racing Vilalbés:
Pita, Diego López, David Buyo, David Vérez, Justo Pardeiro, Javi Varela (Camba, min. 85), José Varela, Lamas, Álex Pérez, Diego Rey (Formoso, min. 68), Juan (Diego Muíña, min. 72). 
Goles:
1-0, min. 15: Jonás, de penalti; 1-1, min. 45: Álex Pérez, de penalti; 2-1, min. 50: Jonás; 3-1, min. 59: Jonás, de penalti. 
Árbitro:
Miguel Ferrol. Mostró cartulina amarilla a Abel Martínez polo Alondras e a Javi Varela, Álex Pérez e Formoso polo Racing Vilalbés. 
Incidencias:
Campo do Morrazo. 

Te puede interesar