triatlón

"Javi Gómez Noya, eres una joya"

O triatleta asinou autógrafos a tódolos nenos que o solicitaron.
photo_camera O triatleta asinou autógrafos a tódolos nenos que o solicitaron.

Medio centenar de persoas recibiron na tarde de onte a Javi Gómez Noya no aeroporto de Peinador. Ó seu encontro acudiron familiares, autoridades políticas e federativas e triatletas galegos, entre os que estaba a viguesa Susana Rodríguez ou os nenos da canteira do Cidade de Lugo Fluvial.


Precisamente, os máis pequenos puxeron a nota divertida do encontro co campión do mundo cando comezaron a cantar "Javi Gómez Noya, eres una joya". A continuación, o homenaxeado parouse a asinar autógrafos a tódolos nenos que se acercaron. Ademáis, preguntoulle o nome a cada un deles para que a sinatura puidera ser personalizada. Un detalle do campión mundial cos seus seguidores.n

Te puede interesar