SAN SILVESTRE

O imperio celta contrataca na San Silvestre

San Silvestre de Vigo Foto Vicente 10
photo_camera Deporte y humor se unieron en la San Silvestre viguesa.

A proba reuniu a 1.400 atletas na Alameda e recadáronse 4.000 kilos de alimentos

O día esperta nunha mañá de inverno na Praza de Compostela de Vigo. A choiva remite pouco a pouco e os participantes van chegando ó lugar da concentración. Están as tribus de cociñeiras, tamén ás de caixas de regalo, os globos andantes ou a familia de Los Increíbles. Todos corren como quen leva o demo dentro trala saída (polo menos uns metriños) pero ningún alcanza o nivel dos da tribu dos guerreiros celtas que conquistan ós compañeiros de carreira, ó público asistente e o xurado, de forma que invaden o premio ó mellor disfraz de grupo, o único competitivo que está en xogo na San Silvestre Solidaria. 
Non obstante, a particular tribu estivo ven acompañada por aproximadamente 1.400 atletas ou corredores que acudiron a cita que pecha o ano atlético en Vigo e que, en 2014, adiantouse tres xornadas ó día final do ano para facela coincidir en domingo. 
A recadación de alimentos non perecedeiros elevouse ata os 4.000 kilogramos e, tras facer o esforzo da carreira, os asistentes pudieron desfrutar de froita e bebidas para recuperar o alento, todo isto, amenizado pola grupo de gaitas Os Morenos de Lavadores, que puxeron a nota musical nunha mañá de atletismo e festa. 
Mentres o son das gaitas cubría a Praza de Compostela chegou o reparto de premios e distincións porque, ademais do grupal, tamén había individual, por parellas, para nenos... e, aqueles que non tiveron premio, esperaron por ter algo de fortuna no sorteo final. 
En definitiva, o décimo aniversario da San Silvestre, adiantada ó Día dos Inocentes e organizada polo Club de Atletismo Vigo.n

Te puede interesar