traiñeiras

A Guía non levanta cabeza

A motivación de bogar diante da súa xente non mellorou o rendemento da Virxe da Guía.
photo_camera A motivación de bogar diante da súa xente non mellorou o rendemento da Virxe da Guía.

O barco de Teis volveu rematar último a pesar de bogar na casa fronte ó seu público

A motivación de remar na casa no foi suficiente. A Virxe da Guía foi a traiñeira máis lenta das nove que tomaron parte onte na Bandeira Illas Cíes, na ensenada da ETEA, xunto á praia da Punta en Teis. O filial de Cabo da Cruz saiu vencedor nunha xornada na que Vila de Cangas acabou quinta.
Unha embarcación canguesa que bogou na primeira quenda xunto a Esteirana e A Guía, que batallaron unha vez máis no seu man a man de todo o curso, sempre favorable ó barco de Esteiro. 
A Guía segue unha xornada máis como pechacancelas con seis puntos, tres menos que Esteirana. Cabo da Cruz B domina con 44, seguido por Muros con 40. Vila de Cangas segue na lea da metade da táboa, empatada a 22 puntos con Cedeira e Perillo. n

Te puede interesar