O Guardés debe remontar oito goles para alcanzar a fase final

José Ignacio Prades dá instruccións durante un tempo morto.
photo_camera José Ignacio Prades dá instruccións durante un tempo morto.

O Mecalia Atlético Guardés recibe esta noite (21:00, crtvg.es) ó Granollers co obxectivo de acadar a clasificación para a fase final da Copa da Raíña de balonmán.

Para facelo, a formación de José Ignacio Prades debe remontar o 28-20 encaixado no encontro de ida disputado o pasado sábado en territorio catalán. 
A pivote da entidade do Baixo Miño, África Sempere, explica que "vai ser un partido de moita intensidade, no que teremos que estar ó cento por cento se queremos acadar o obxectivo que é gañar de máis de oito".
O pavillón da Sangriña presentará un gran ambiente esta noite e o club incluso rebaixou o prezo das localidades para o encontro. O público empurrará.n

Te puede interesar