balonmán división de honra

O Guardés afianza o pivote

Haridian Rodríguez, nun partido desputado co Rocasa.
photo_camera Haridian Rodríguez, nun partido desputado co Rocasa.

O equipo da Guarda faise cos servizos de Haridian Rodríguez, procedente do Rocasa canario

Haridian Rodríguez, unha pivote como terceira fichaxe do mercado de verán e, en teoría, última incorporación do Mecalia Atlético Guardés, pero á espera de concretar as catro xogadoras angoleñas que formarán parte do equipo a vindeira tempada.
Haridian Rodríguez procede do Rocasa canario no que militou nas últimas tempadas. Con este equipo ocupou a segunda posición da táboa no último curso. É unha pivote lixeira e de moita mobilidade na liña dos seis metros. Chegou a desputar os Xogos do Meditérraneo coa selección española en 2013 e conta cunha ampla experiencia.
Na última tempada, a primeira liña aportou 76 goles nos 27 partidos que xogou e tamén destaca por render nas facetas defensivas, polo que engade versatilidade ó equipo da Guarda. 
Manu Etayo indicou sobre Haridian Rodríguez que "é unha xogadora con experiencia, que estivo toda a súa campaña no Rocasa e que aporta tanto en defensa como en ataque. Destaca pola súa mobilidade". O preparador engadiu que "creo que vai a apórtanos moito nunha posición importante como é o pivote e así teremos moitas máis opcións".
Deste xeito, o Mecalia Atlético Guardés pecha a terceira incorporación no que vai de período estival tras as xa coñecidas da zurda Anna Manaut e da porteira Estela Carrera.
No capítulo de baixas, sairán do equipo a tamén porteira Yamiley Rodríguez, mentres que a entidade aínda non determinou o futuro de Irene Sánchez, que podería abandonar a entidade do Baixo Miño. Pola súa banda, Laura Morais deixa o equipo por motivos de estudos mentres que Arima López, cunha lesión de longa duración nun ombreiro é pouco probable que forme parte do Guardés esta tempada. Movementos nun equipo que rematou no terceiro posto a pasada tempada.n 

Te puede interesar