atletismo

Grellada atlética nas Lagoas

O grupo cabeceiro da Happy Go Running nun tramo de baixada antes do cambio de ritmo de Rubén Diz.
photo_camera O grupo cabeceiro da Happy Go Running nun tramo de baixada antes do cambio de ritmo de Rubén Diz.

Unha Happy Go Running marcada polo calor reuniu a 466 atletas con vitoria para Rubén Diz e Ester Navarrete

As Lagoas é un lugar particular. Cando chove, chove con forza, cando entra a néboa; cubre todo o lugar e cando golpea o sol, alí tamén o fai con especial forza. Onte foi un deses días no campus da Universidade de Vigo e os corredores da Happy Go Running tiveron o seu particular padecemento. Calor, pouco vento, moito asfalto, máis dunha costa e, nun final de abril sen choiva, o ambiente cheo de pole. O cóctel perfecto para unha carreira asfixiante, de malos rexistros persoais, algún que outro desfalecemento e un alto consumo de auga. 
Na loita pola vitoria, Rubén Diz Díaz foi o mellor onte ante a retirada de Lolo Penas. A metade de carreira xa disponía dunha ampla vantaxe sobre Gustavo Basconcelo, con Iván Roade na terceira praza. Unha orde que xa non se movería, como tampouco a feminina. Ester Navarrete volveu a manifestar un momento de forma extraordinario para impoñerse con suma facilidade e, de feito, asinou a décimo cuarta posición xeral. Sandra Mosquera foi segunda e Sofía Freaza completou o podio. Leticia Fernández retirouse ó final da primeira volta con apreciables problemas de respiración. Calor e pole, mal día. 
Xa na carreria curta, con dúas voltas ó trazado, os máis rápidos foron Ángel Varela e Ida Blanco, mentres que por detrás ían completando o percorrido os demais atletas ata un total de 466 que, uns máis e outros menos, tiveron que sufrir o duro trazado e o sol sobre as súas cabezas.
Non faltaron os percusionistas nin a posterior festa na entrega de premios nunha xornada fermosa para gozar da familia cunha grellada de peixe ou churrasco. Ó organizar unha carreira, os corredores foron os pasados polo sol.n

Te puede interesar