terceira división

Un gol de saque de curruncho para durmir no liderado

Portas cabecea o esférico ante a oposición de dous xogadores do Bergantiños.
photo_camera Portas cabecea o esférico ante a oposición de dous xogadores do Bergantiños.

Jesús Varela anotou de córner o tanto da vitoria do Rápido ante o Bergantiños

O Rápido de Bouzas somou onte unha victoria de mérito ante o Bergantiños nun deses enfrontamentos nos que, de ir mal a tempada, sería unha derrota, pero como este curso sae case todo, foi unha vitoria cun 'gol olímpico' de Jesús Varela. 
É a historia vivida tantas veces no mundo do fútbol. O equipo de Patxi Salinas está nun curso excelente. Saen os resultados, o fútbol é efectivo, os dianteiros marcan con facilidade e os rivais chegan ó Baltasar Pujales con certo temor. Cando todo sae ben, tamén adoita a acompañar a fortuna e onte foi un novo exemplo. De ir a tempada mal, sería un deses partidos nos que ó final, chega un rebote, un penalti ou algo en contra e, en lugar de gañar, o día remata con empate ou derrota. Pero iso foi noutros tempos.
No presente, o equipo de Bouzas resolve os encontros con moi pouco. Onte recibiu ó Bergantiños no Baltasar Pujales e o partido transitou polas precaucións defensivas, as escasas ocasións e as interrupcións. 
A formación de Carballo apostou por un xogo directo e de escasa elaboración e as opcións de gol foron escasas durante o partido. No segundo minuto Pablo Carnero pediu un penalti no décimo chegou o gol local. Case non tivo nin que crear unha ocasión a formación local. O tanto levou a sinatura de Jesús Varela, que enviou ó fondo da rede un saque de curruncho directo. Si, o famoso 'gol olímpico' viviuse onte en Bouzas e resultou definitivo.
A partir do tanto, o Rápido de Bouzas controlou o partido sen asumir máis risco do necesario ante un Bergantiños que apenas chegou ó area de Diego García. Coa victoria, o equipo de Bouzas vai a cama na primeira posición e depende do resulado do Vilalbés de hoxe para rematar a xornada como líder.

O Rápido de Bouzas somou onte unha victoria de mérito ante o Bergantiños nun deses enfrontamentos nos que, de ir mal a tempada, sería unha derrota, pero como este curso sae case todo, foi unha vitoria cun 'gol olímpico' de Jesús Varela. 
É a historia vivida tantas veces no mundo do fútbol. O equipo de Patxi Salinas está nun curso excelente. Saen os resultados, o fútbol é efectivo, os dianteiros marcan con facilidade e os rivais chegan ó Baltasar Pujales con certo temor. Cando todo sae ben, tamén adoita a acompañar a fortuna e onte foi un novo exemplo. De ir a tempada mal, sería un deses partidos nos que ó final, chega un rebote, un penalti ou algo en contra e, en lugar de gañar, o día remata con empate ou derrota. Pero iso foi noutros tempos.
No presente, o equipo de Bouzas resolve os encontros con moi pouco. Onte recibiu ó Bergantiños no Baltasar Pujales e o partido transitou polas precaucións defensivas, as escasas ocasións e as interrupcións. 
A formación de Carballo apostou por un xogo directo e de escasa elaboración e as opcións de gol foron escasas durante o partido. No segundo minuto Pablo Carnero pediu un penalti no décimo chegou o gol local. Case non tivo nin que crear unha ocasión a formación local. O tanto levou a sinatura de Jesús Varela, que enviou ó fondo da rede un saque de curruncho directo. Si, o famoso 'gol olímpico' viviuse onte en Bouzas e resultou definitivo.
A partir do tanto, o Rápido de Bouzas controlou o partido sen asumir máis risco do necesario ante un Bergantiños que apenas chegou ó area de Diego García. Coa victoria, o equipo de Bouzas vai a cama na primeira posición e depende do resulado do Vilalbés de hoxe para rematar a xornada como líder.n

Te puede interesar