Galicia cae no lameiro e remata cuarta

Dous representantes de Galicia realizan un relevo.
Dous representantes de Galicia realizan un relevo.
Galicia cae no lameiro e remata cuarta

nnn  Tres caídas na primeira remuda lastraron as opcións da Selección de Galicia na proba Team Relay, coa que onte arrancou o Campionato de España de Ciclocross na localidade guipuscoana de Legazpi. O sexteto dirixido por Guillermo Sande defendía o título acadado no 2017, pero desta vez quedouse a un paso do podio. Rematou cuarto nunha carreira que se adxudicou Cantabria. 
O elite Darío Otero foi o elixido para completar a primeira volta e o infortunio cebouse con él. Ata en tres ocasións foise ao chan, o que o arrastrou á última posición cun tempo de 14:11. A partir de aí, os ciclistas galegos tentaron remontar, pero resultou imposible meterse no podio. Ademais, no último relevo, o vigués Samuel González rachou unha zapatilla. Cantabria venceu detendo o reloxo en 1:16:48 e con tan so cinco segundos de marxe sobre Asturias. Co bronce fíxose Catalunya (1:17:55).

A proba de Samuel González
O programa de hoxe rematará coa proba sub-23, na que Galicia estará representada por dous aspirantes ó título. O alaricano Iván Feijoo, recente gañador da Copa de España nesta categoría, e o vigués Samuel González, medalla de prata no 2017, tentarán subir ó podio. En cadetes buscarán estar na parte dianteira Miguel Rodríguez e Jorge Fernández.n