terceira división

Oito fichaxes no primeiro día

A Segunda B chega ó Baltasar Pujales de Bouzas
photo_camera A Segunda B chega ó Baltasar Pujales de Bouzas

O Rápido comezou o traballo con Adrián, Trigueros, Colo, David Álvarez, Deivid, Cristian Pérez, Pedro García e Brais

O Rápido de Bouzas de Segunda B comezou onte o traballo no céspede artificial do Baltasar Pujales cunha sesión de traballo na que Borja Jiménez contou con 13 futbolistas confirmados e varios xogadores a proba, que tentarán convencer ó preparador nos primeiros días de traballo. 
No capítulo de chegadas, ás xa coñecidas de Pedro García e o porteiro Brais Pereiro uníronse o lateral dereiro Adrián Horacio, os centrais Pablo Trigueros, Cristian Pérez e Daniel García 'Colo'; o extremo dereito David Álvarez e o centrocampista David Eugenio 'Deivid'. 
No capítulo de renovacións, finalmente son seis os xogadores que continuarán na formación boucense. Nas últimas horas confirmouse a continuidade do dianteiro Pablo Carnero, que se une as de Cotilla, Yago Pérez, Diego Diz e Carlos. Ademais, tamén está prevista a continuidade de Youssef, que chegará ó longo da semana a Vigo tras unhas vacacións no seu país de orixe.
De esta forma, o Rápido de Bouzas configura un equipo con moitas novidades e aínda sen configurar ó 100%. Ó alcanzar o ascenso tarde e tamén a demora sobre a continuidade no equipo de Patxi Salinas retrasou a planificación da tempada e o novo técnico Borja Jiménez soamente ten confirmados a trece futbolistas, ós que engadir a Youssef. A intención da entidade é comezar o curso en Segunda División B cunha formación de 22 xogadores, polo que aínda terán que chegar oito ó Baltasar Pujales.
Polo tanto, o Rápido continúa cun traballo notable por parte do adestrador e da dirección deportiva encabezada por Álex Martínez. A isto engádense os futbolistas a proba que buscan un oco en Segunda División B. Precisamente, o sábado ante o Choco no Baltasar Pujales será o primeiro amigable do curso e un bo momento para que o corpo técnico do equipo vigués evalúe as opcións do futbolistas que buscan integrar o equipo final do Rápido.

A Segunda B chega ó Baltasar Pujales de Bouzas

O equipo do Rápido de Bouzas comezou onte os adestramentos baixo as ordes de Borja Jiménez e o seu corpo técnico. O conxunto vigués estaba formado polos integrantes do equipo xa confirmados e por varios xogadores a proba que tentarán convencer ao técnico para quedar en Bouzas toda a tempada. Na sesión, tras as presentacións, realizouse a primeira xornada de traballo cunha importante carga física. 

Te puede interesar