terceira DIvisión

Tres equipos en mundos distintos

O Alondras presenta esta tempada un equipo renovado.
photo_camera O Alondras presenta esta tempada un equipo renovado.

O Choco gaña en mocidade, o Alondras afronta unha revolución e o Cultural Areas regresa á Terceira cun toque de futbol portugués

Tres equipos e unha forma completamente diferente de afrontar a tempada en Terceira División. Alondras, Cultural Areas e Choco inician o domingo un ano cheo de ilusión, pero cunha configuración completamente diferenciada. 
O equipo de Redondela e o de Ponteareas vivirán o primeiro partido de rivalidade da tempada este domingo na Lomba (19:00). A el chegan sen referencias porque non se mediron durante este verán, pero o Choco rematou con boas sensacións tras gañar ó Coruxo e ó Atios nos dous últimos enfrontamentos de preparación. Marcos Montes dispón dun equipo marcado pola continuidade do bloque titular, pero con ata dez incorporacións, seis de idade sub-23, para subir o nivel da formación de Redondela. A última en confirmarse foi onte a de Iago Paz, que chega ó equipo tras a baixa de longa duración de Juan Feijóo. O excéltico Pablo Couñago reforza un ataque do que marchou Silva, pero para o que chega Antón Escobar, procedente do Val Miñor xuvenil. 
Pola súa banda, o Cultural Areas regresa á Terceira División tras o ascenso como campión de Preferente Sur o pasado curso. Faino cun bloque dirixido polo técnico luso Carlos Machado e con marcado acento portugués. Non obstante, co ascenso, o club optou polo mercado galego para reforzar o equipo. Yelco Alfaya, Isidro e Martín Ross son algunhas das incorporacións. Engádense ó bloque do ascenso e que domiñou o pasado curso a tempada en Preferente.
Pola súa banda, o Alondras viviu unha auténtica revolución este verán. O pasado curso estivo marcado polos problemas deportivos, con ata tres adestradores diferentes. A formación canguesa mantivo a categoría, pero a dirección optou por un cambio de rumbo absoluto e soamente cinco futbolistas permanecen na entidade: Agujetas, Champi, Abel, Mauro e o porteiro Martín Pastoriza-mancado de longa duración-. Polo tanto, o Alondras tivo que fichar e moito nos últimos meses e ata Cangas chegaron xogadores consolidados como Iván Pérez, Carlos Hortal, Jesús Varela ou Óscar Pardavila, que se engaden a futbolistas prometedores ou que destacaron en Preferente. Gabi Palmás, Varo Fernández, Pablo Salgueiro ou Quico Mintegui están neste grupo. 
O rendemento deportivo baixo o mando de Antonio Fernández é unha das grandes incógnitas da tempada en Terceira División. O preparador ten elementos de nivel futbolístico pero debe crear un equipo totalmente novo. O domingo reciben ó ascendido Noia (18:30) no campo do Morrazo. A súa primeira proba.n

Te puede interesar