TERCEIRA DIVISIóN

Empate a un gol nun partido mellorable

O Rápido de Bouzas viviu onte unha tarde complicada ante un Silva que chegou ó Baltasar Pujales coa intención de saír cun punto na súa particular loita pola permanencia e logrouno, a pesar de comezar por debaixo no tanteador. 


O equipo dirixido por Jorge Otero non atopou a fórmula para superar a defensa coruñesa no primeiro tempo e, xa no segundo, tras facer dous cambios, chegaron as ocasións. Carlos Pereira estivo preto de bater a David Yáñez cun forte disparo dende a frontal, pero sería o canteirán Miki, que ingresou ó campo no segundo tempo, o que desfixo a igualada inicial cun disparo lonxano que superou ó porteiro do Silva.
Cando parecía que o Rápido tiña o máis complicado feito, xa que rachou a seria defensa visitante, o equipo coruñés sorprendeu ó equipo de Bouzas. A dez minutos para o final do enfrontamento, Movilla anotou o gol da igualada. 
Con este punto, o equipo vigués continúa sen gañar no seu campo e, con cinco puntos, está situado na undécima posición da táboa. Zona media para o Rápido.

Rápido de Bouzas: 
Sergio Ríos, Portas, Pablo García, David Castro, Sestelo, Sergio Santos, Pereira, Chema (Oki, minuto 82), Tomás, Diego Diz (Miki, minuto 68) y Antón Vilas (Gabi Misa, minuto 56).
Silva: 
Manu (David Yañez, minuto 51), Cardelle, Chiki, Rebollo, Miguel, Kata, Carlos Rey (Edu, minuto 55), Uzal (Migueliño, minuto 88), Movilla, Marcos Gómez y Gabi.
Goles: 
1-0, minuto 73: Miki; 1-1, minuto 80: Movilla.
Árbitro: 
Pérez Prado. Amosou cartón amarelo a Pablo García, David  Castro, e Sergio Santos polo Rápido de Bouzas e a Kata, Uzal, Edu e Gabi polo Silva.

Te puede interesar