terceira división

Distinta filosofía

O Alondras recibe hoxe no campo do Morrazo ó Laracha.
photo_camera O Alondras recibe hoxe no campo do Morrazo ó Laracha.

O Alondras desexa recuperar a senda da vitoria ante o Laracha, que aposta pola intensidade e o xogo directo (17:00, O Morrazo)

Dúas propostas de xogo diferenciadas e dous equipos tamén con diferente estrutura. O Alondras recibe esta tarde no campo do Morrazo ó Laracha, que loita por manter a categoría. 
O equipo cangués atravesa o seu peor momento dende que empezou a tempada porque acumula tres partidos sen gañar con dúas derrotas. Aínda así, continúa nunha privilexiada sétima posición a tres puntos da promoción de ascenso. Por este motivo, todo indica que Antonio Fernández Rivadulla buscará introducir algunha novidade no equipo para recuperar a capacidade goleadora do primeiro treito do curso. 
O rival da formación de Cangas é un Laracha que "é un equipo intenso e para manter esta intensidade non se comprica en defensa", explica o adestrador da formación de Cangas. Ademais, engade que "ten futbolistas con experiencia no ataque como David García, Ballesteros e Souto. Sobre eles centra o xogo". Estes futbolistas compleméntanse con "canteiráns do Deportivo, que saen da idade xuvenil e chegaron cedidos".
Un perfil diferente ó Alondras desta tempada, que mantén algún futbolista experto como Mauro, pero que centrou gran parte do seu xogo en xogadores de pouco máis de vinte anos como Gabri e Champi ós que engadiu a Pardavila e Jesús Varela, procedentes do ascendido Rápido. Todos cun perfil de fútbol de toque e construcción.n

Te puede interesar