segunda división b

O Coruxo xógase o liderado en Pasarón

O Coruxo visita esta tarde ó Pontevedra.
photo_camera O Coruxo visita esta tarde ó Pontevedra.

El equipo vigués, coas baixas de Luciano, Jon Vega e Maxi, visita a un Pontevedra (17:00) limitado pola ausencia do dianteiro Carnero

Partido dos que sempre gusta en con algo de morbo. Os pouco máis de vinte quilómetros entre Vigo e Pontevedra sempre facilitan o cambio de xogadores e tamén de adestradores. Son varios os casos entre o Coruxo e o Pontevedra, como Rafa Sáez, Cristóbal ou Adrián Mouriño. Non obstante, o técnico do equipo vigués indica que "deixemos a un lado as cuestións de tipo persoal. Os futbolistas e o partido teñen que ser os protagonistas".
Ó encontro chegan os dous equipos cos papeis trocados, porque o Coruxo é o grande mentres que o Pontevedra, un conxunto con pasado en Primeira e Segunda División, está na zona baixa. Os vigueses afrontan o encontro con opcións de igualar ó Racing de Ferrol na cabeza da táboa en Segunda División B. Pola súa banda, o equipo da cidade do Lérez está metido na zona de descenso con catro puntos nos cinco encontros disputados ata o momento. Unha situación complicada. 
O Coruxo chega ó partido coas baixas de Luciano, Jon Vega e Maxi. Rafa Sáez, o seu preparador indicou que "o noso obxectivo é continuar na boa dinámica e no bo estado anímico que temos. Diante estará un rival moi cualificado e tamén necesitado". Sobre este punto, o preparador indicou que "nunca miramos ó adversario polo seu posto na clasificación". 
Sáez indicou que "tentaremos buscar a vitoria cos nosos argumentos", mentres que José Luis Míguez 'Luisito' manifestou que "temos que ser nós mesmos. Non imos hipotecarnos en función do rival, veña quen veña, iremos a buscar a vitoria". 
O Pontevedra chega ó partido coa baixa do goleador Pablo Carnero, que se une a de Queijeiro. Luisito recupera para este partido a Jacobo, que sae dunha lesión de xeonllo.n

Te puede interesar