liga galega b

Coruxo, en busca do liderado

A "Fontaíña" chega ás augas de Cesantes (17:30) na segunda posición, a un punto do liderado de Mecos

A Liga Galega de Traiñeiras B chega esta tarde a augas de Cesantes, no concello de Redondela, nunha situación de extraordinaria igualdade con Mecos e Coruxo separados por un punto na clasificación xeral e con Perillo e Mar de Bueu a un nivel moi alto, de xeito que calquera das catro embarcacións pode levarse a vitoria. 
A pasada semana, en augas de O Vao, Coruxo levouse a vitoria por unha marxe dun segundo sobre Perillo, polo que a súa intención é alcanzar estar tarde o liderado para chegar o parón ligueiro na primera praza. 
Non obstante, no que vai de tempada, Mecos amosouse especialmente forte nas regatas do sábado, pero baixa o redemento nas do domingo, polo que é unha incógnita o seu rendemento nunha fin de semana cunha única proba. 
O campo de regatas de Cesantes caracterízase polo escaso calado e a preamar está prevista para unha hora antes do inicio da proba. Polo tanto, debido á igualdade entre as catro traiñeiras da cabeza da táboa, Mar de Bueu pode verse beneficiada xa que disputará a quenda intermedia e terá máis auga e algo menos de corrente que a quenda posterior.

Te puede interesar