terceira división

O Choco coxea polo lateral esquerdo

O Choco está situado na oitava posición da táboa.
photo_camera O Choco está situado na oitava posición da táboa.

El equipo de Redondela visita ó Deportivo B (17:00) coas baixas de Carminatti e Valiente, que se engaden ás de Xosé, Cristian e Aitor

O Choco disputa esta tarde un dos encontros que se presentan cheos de dificultades, xa que se mide a un dos mellores equipos da categoría, o Deportivo B, e o fai nun dos seus mellores momentos do equipo coruñés porque acumula oito xornadas sen perder con catro vitorias consecutivas. 
Jacobo Montes, o adestrador do equipo de Redondela, ten claro que "é un equipo con moita velocidade e xogadores de calidade nas bandas, que crean moito perigo". Por este motivo, o técnico indicou que "esta semana o traballo foi dirixido máis a preparar un partido de contención e saídas rápidas, non de tanta posesión como facemos habitualmente". 
O preparador do equipo de Redondela parece que ten claro que a velocidade é un dos principais argumentos do filial do Deportivo, pero engade que "tentaremos acadar a vitoria ou sumar algún punto. Temos os nosos argumentos para tratar de facer dano ó equipo da Coruña". 
No capítulo de baixas, o Choco perde a Carminatti e Valiente, polo que "non dispoño de ningún dos laterais esquerdos do equipo. Terá que xogar un futbolista a perna cambiada e é o que máis me preocupa", recoñeceu Montes. A lista de baixas a completan Cristian, Aitor Gómez e Xosé Ramón. Este último é un dos futbolistas máis utilizados no centro do campo, pero o Choco dispón de alternativas neste posto.n

Te puede interesar