Tercera Division

O Choco afástase da promoción ó caer en Cangas

Leiro trata de arrebatar o esférico a un xogador do Choco.
photo_camera Leiro trata de arrebatar o esférico a un xogador do Choco.

O Alondras goleou ó equipo de Redondela e queda a un punto permanencia matemática

Un equipo buscaba un soño e o outro, a normalidade. É dicir, o Choco perseguía alcanzar a promoción de ascenso no seu regreso á categoría e o equipo local certificar a permanencia nunha tempada especialmente irregular. Gañaron os da casa e quedan a un só punto do obxectivo no caso de que existan seis descenso, a peor situación. O Choco, tras esta derrota, queda a cinco puntos da cuarta praza con tres partidos por xogar. 
O equipo de Redondela ten sona der se un conxunto que aposta polo fútbol ofensivo e onte visitou a un Alondras que tamén predica o bo trato do balón e o ataque. Deste xeito viviuse un partido emocionante, con múltiples ocasións e case sen respiro. Non obstante, o resultado reflícte algo non esperado porque, durante toda a tempada, os cangueses padeceron problemas na definición mentres o Choco amosa cifras de gran eficacia. Onte intercambiaron os papeis. 
Deste xeito, o equipo local adiantouse no tanteador cun tanto de Andrés o cuarto de hora de partido e, dous minutos despois, Jonni ampliou a renda dos locais. Reaccionou o Choco e o ex céltico Pablo Couñago anotou o seu décimo cuarto gol da tempada para recortar distancia.
Despois tería ocasións o Choco antes e tralo descanso. Non as anotou nun día malo na definición e, nos últimos minutos, co equipo de Redondela absolutamente volcado, chegou a sentencia do conxunto local. Mauro conectou un disparo dende a frontal do área que superou a Cortegoso e Carlos Campo, co reloxo a piques de chegar ó minuto 90 de encontro, superou ó gardameta do Choco no man a man tras unha das mellores xogadas da tarde do equipo cangués. Un día de ledicia no campo de O Morrazo porque o Alondras, salvo unha carambola case imposible, segue un ano máis na Terceira División. 
Pola súa banda, o Choco, na sexta posición, queda descolgado na loita por entrar na promoción de ascenso, que ten a cinco puntos, o que non debe manchar a magnífica tempada dos de Redondela no seu regreso á categoría tras máis de trinta anos.

Te puede interesar