liga galega de traiñeiras

Chapela quere enfilar a proa cara o ascenso na Ría de Ferrol

Chapela ten que demostrar se está ó nivel de Mecos e Castropol.
photo_camera Chapela ten que demostrar se está ó nivel de Mecos e Castropol.

La Liga Galega de Traiñeiras comeza co serio. Tras a toma de contacto da presentación en Bue hai sete días, esta fin de semana xa hai puntos en xogo e as diferentes embarcacións saben que deben empezar a sumar canto antes para acadar seus obxectivos e non botar a faltar puntos máis adiante.
 

A Liga B vivirá unha cita doble en puntuación pero cunha soa bandeira en xogo, a do Concello de Ferrol. A Cabana será o escenario no que medirán forzas as traiñeiras que perseguen ó ascenso á máxima categoría autonómica, coma é o caso de Chapeña. A embarcación redondelá bogará na tanda boa xunto con Mecos-Mondariz  e  Castropol –as dúas favoritas– e os seus veciños de Cesantes. Os catro gañáronse a pertenza ó cuarteto bo a fin de semana pasada en Bueu, onde Vila de Cangas, Rianxo e Mera acabaron nas últimas prazas que hoxe lles fan sair na primeira tanda (18:00).
Pero todo pode cambiar na xornada dominical (18:30), na que as tandas conformaranse en función dos resultados do sábado. Levárase a bandeira a traiñeira con mellor suma de tempos dos dous días, mais de cara a Liga haberá dúas puntuacións por separado.

A LIga A, en O grove
A Liga A vivirá este debut competitivo mañá (12:00) na XXXII Bandeira Concello de O Grove. Nela, Coruxo –cos resultados de Bueu na man– partirá na segunda tanda xunto con Amegrove, Ares e Mugardos, namentres que Puebla, Vilaxoán, Salgado-Perillo e Bueu compartirán a primeira. Comeza o serio.

Te puede interesar