traiñeiras

Chapela perde a categoría

A embarcación de Chapela toma unha baliza nunha das probas disputada nesta tempada.
photo_camera A embarcación de Chapela toma unha baliza nunha das probas disputada nesta tempada.

Bueu gañou onte e, por un segundo, logra o ascenso á Liga Galega A ante Perillo co bote redondelán na terceira praza

Pechou o particular ano horrible a tripulación de Chapela na xornada de onte ó consumar o descenso de categoría tras unha tempada de moitos problemas e cambios de plans. Tras ser unha traiñeira cabeceira dende a división da Liga Galega en categorías, o bote redondelán estará o vindeiro ano na segunda división. 
O descenso chegou nun 'play-off' no que o sábado finalizou na terceira posición, polo que hoxe tiña que gañar e esperar, pero estivo moi lonxe dos seus rivais, Perillo e Bueu. As dúas embarcacións da segunda categoría amosaron un punto de superioridade e, tras lograr tomar a primeira virada no mesmo tempo que a embarcación de Oleiros, a "Arealonga" cedeu terreo de xeito inexorable para deixar a loita en cousa de dúas. 
Club do Mar Bueu marcou a tendencia dende os primeiros metros, pero Perillo pasou na baliza de terra co mesmo tempo que o seu rival e, na última virada, tomou a proa da regata. Non obstante, isto non serviu para lograr o ascenso porque a "Maruxía" reaccionou no último rego. 
A traiñeira do Morrazo comezou a estirar a súa vantaxe. O límite estaba nos case catro segundos que obtivo a tripulación de Oleiros na xornada previa en augas de Viveiro. Na chegada, a "Maruxía" logrou meter catro segundos e medio a Perillo. Con empate a puntos tralo reparto de vitorias en sábado e domingo, a suma de tempos deu o ascenso a Bueu por un segundo e trinta centésimas. 
Deste xeito, Chapela finalizou a tempada coa sétima posición na Liga Galega A e o descenso a segunda categoría.n

Te puede interesar