atletismo

As cereixas rodan pola pendente

Un grupo de corredores pasa debaixo do cartel da chegada da Carreira da Cereixa de Beade.
photo_camera Un grupo de corredores pasa debaixo do cartel da chegada da Carreira da Cereixa de Beade.

Dani Bargiela e Ester Navarrete gañan a carreira de Beade nunha proba condicionada pola dureza do trazado

Unha costa tras outra, e cando parece que o terreo vólvese un pouco chá, toca unha nova elevación coa súa conseguinte baixada. A Carreira da Cereixa, en Beade, ten como característica diferencial as pendentes dentro do Run Run Vigo, o que impide bos rexistros sobre 10.000 metros, pero o que obriga a un esforzo especial en moitos dos treitos da proba. Onte cubriron o percorrido 256 adultos ós que engadir os cativos participantes probas para menores, con distancia adaptada a súa idade. Con eles, o número de atle-tas que rematou a competición elevouse ós 303. 
Entre os homes, o máis rápido en completar a cita foi Daniel Bargiela, que no último mes parece que recuperou o seu mellor estado de forma. O atleta de Ponteareas sumou unha vitoria importante na súa loita por rematar o ano nas posicións cabeceiras do certame de carreiras populares Run Run Vigo. Dende a primeira volta marchouse en solitario seguido de Rubén Pereira e José Alberto Bastos. 
Entre as mulleres, a Carreira da Cereixa viviu a participación de Ester Navarrete, do Barcelona, que gañou con notable autoridade cunha renda de máis de catro minutos sobre a segunda, neste caso Ana Alonso. Completou o podio Justyna Misstal. 
As categorías de menores viviron a vitoria de César Carballo e Laura Alonso na carreira para cadetes e infantís. Na proba reservada para os máis pequenos, o máis rápido foi Yago Fernández, con Sofía Alonso como a nena máis veloz en Beade.n

Te puede interesar