celta

O celtismo vive unha xornada de festa na Illa

Centos de celtistas de ducias de peñas reuníronse na Romaría Celtista celebrada onte.
photo_camera Centos de celtistas de ducias de peñas reuníronse na Romaría Celtista celebrada onte.

Carcamáns organizou a cuarta edición da Romaría Celtista cunha masiva participación

Centos de celtistas para degustar mexillóns, paella, diversos mariscos e ata croquetas. A Romaría Celtista chegou onte á cuarta edición e tivo como organizadores á peña Carcamáns da Illa de Arousa. Un lugar ideal para gozar dunha xornada cultural, musical, de diversión e tamén do Celta porque é a ligazón que une ás agrupacións chegadas de Galicia e España, xa que uníronse á festa peñas dende Vigo ata o País Vasco.
O programa recolleu un discurso a cargo do vicepresidente Ricardo Barros, unha exposición coa historia de Carcamáns e moita diversión. Pasarrúas, benvida de Carlos Blanco, actividades para nenos de tarde e concertos nocturnos ata altas horas.n

Te puede interesar