división de honra xuvenil

O Celta golea con claridade ó Perines e segue na zona alta

O Celta gañou onte con claridade ó Perines na Madroa.
photo_camera O Celta gañou onte con claridade ó Perines na Madroa.

nnn O Celta gañou onte con notable solvencia ó Atlético Perines nun enfrontamento que quedou resolto antes do descanso, debido a capacidade ofensiva de formación de Jorge Cuesta, que crece cada partido no seu rendemento.
Sobre o céspede artificial da Madroa, o conxunto vigués monopolizou a posesión ante un rival que apenas inquedou ó porteiro Nacho e que pronto encaixou goles. Ós vinte minutos de xogo, o local Álex aproveitou unha xogada colectiva, con ata tres paredes, para entrar no área e superar cun bo remate a Marcos.
Na seguinte acción de ataque ampliou a renda a formación céltica. Nesta ocasión foi Martín o que enviou o esférico ó fondo da rede tras recoller un rexeite do porteiro visitante. 
No último minuto do primeiro tempo chegou o terceiro tanto, que deixaba o partido decidido. Nesta ocasión foi Javi Ben o encargado de anotar. O dianteiro culminou un ataque por banda do Celta con pase atrás. 
Tras o descanso, o equipo vigués limitouse a mandar no encontro con posesións longas e sen asumir riscos innecesarios. A cuestión era non complicarse un partido que estaba gañado e así foi. Coa entrada de xogadores dende o banco, o equipo colleu un segundo impulso e chegou o cuarto tanto. Nesta ocasión foi Álvarez o autor.
O Celta está na segunda posición a un punto do liderado do Racing de Santander. Hoxe é xornada de recuperación e mañá o equipo visita ó sempre complicado Roces. Os xogadores de Jorge Cuesta buscan a terceira vitoria seguida nesta semana e, se falla o Racing, acceder ó liderado.

Celta:
Nacho, Carlos (Diego, min. 46), Mario, Barcia, Antón (Álvaro, min. 63), Tiago, Álex, Miguel (Álvarez, min. 63), Óscar, Martín, Javi Ben. 
Atlético Perines: 
Marcos, Chus, Pablo, José Carlos, Gabi, Madroño (Julio, min. 52), Berdi, Matthew (Mateo, min. 57), Juan Carlos, Brice (Iker, min. 46), Olmo (Álvaro, min. 46). 
Goles:
1-0, min. 20: Álex; 2-0, min. 22: Martín; 3-0, min. 44: Javi Ben; 4-0, min. 86: Álvarez. 
Árbitro:
Rubén Extremadura Hernández. Non amosou cartóns durante o partido. 
 

Te puede interesar