FÚTBOL

Catro baixas no Celta B ante o San Sebastián de los Reyes

Dejan Drazic, do Celta B, conduce o balón.
photo_camera Dejan Drazic, do Celta B, conduce o balón.

nnn Partido que se antolla de dificultades para o Celta B ante un rival que aposta polo xogo directo en Barreiro e que esta tempada está na zona alta, o San Sebastián de los Reyes (12:00, TVG2). 
Ó inicio do encontro, o equipo vigués está situado na cuarta praza con dezaoito puntos, dous máis que o conxunto madrileño. "Ten as ideas claras que pasan por un ritmo defensivo moi alto, moi estable en defensa, que é complicado desestabilizalo e que é dificulta moito o ataque do rival", explicou onte Rubén Albés, adestrador do filial céltico. Aínda así, o preparador engadiu que "traballamos no plan de partido para tratar de cearlle problemas e acadar vantaxes en diversas zonas do campo". 
A formación viguesa ten catro baixas para este encontro e de xogadores importantes como Brais Méndez, Alberto Solís e Robert Costa. Tampouco xogará Iago. Sen Méndez e Solís, a zona de creación perde nivel, pero Albés explica que "temos xogadores que teñen que dar un paso adiante. Dispoñemos de tres centrocampistas, que poden facer un bo papel. As baixas non poden ser una excusa para nós". 
Saúl, Rojas, Carlos Portero, Álvaro Prada e Zazo son as baixas do San Sebastián de los Reyes para o partido de hoxe.n

Te puede interesar