fútbol

Bo xogo sen premio

Toni golpea o balón coa testa nunha acción do partido de onte.
photo_camera Toni golpea o balón coa testa nunha acción do partido de onte.

O Val Miñor rozou a remontada na segunda parte ante un Sporting que loita polo título

Matinal de fútbol de alto nivel no campo de Condomínguez. O Val Miñor dirixido por Álex Villar volveu a amosar que se atopa no mellor momento da tempada. Recibiu ó segundo clasificado, o Sporting de Gijón, e puxo en moitros problemas ó equipo de Asturias e, incluso, tivo ocasións na segunda metade para empatar ou, incluso, poñerse por diante no marcador. 
Antes do descanso, o enfrontamento estivo marcado pola ambición dos dous conxuntos. Quixeron o balón, tiveron ataques e tamén deixaron máis facilidades das que gustaría ós adestradores. Nesta faceta tivo máis problemas o equipo de Nigrán, que encaixou dous tantos. O primero nun balón en longo que aproveitou Abraham para superar a Dani e o segundo nunha nova transición tras perda que, nesta ocasión, culminou Gaspar. 
A pesar de ter chegadas ó área rival, non apareceron as ocasións claras para o conxunto local, pero si o fixeron despois do tempo do lecer. Álex Villar axustou o seu equipo, que pasou a ser máis eficaz na presión en campo contrario. O Sporting tiña agora problemas para saír co balón xogado dende atrás e os locais gozaron de ata catro opcións claras de gol, pero erraron ante Javi. Soamente Toti superou ó porteiro visitante.
Con 1-2 no tanteador chegouse ó tempo engadido. O Val Miñor xa vivía no campo contrario e aproveitouno a formación de Gijón para facer o seu terceiro gol, por medio de Gaspar, e certificar a súa vitoria para situarse a un único punto do liderado que ocupa o Celta. Pola súa banda, o equipo de Nigrán é décimo con sete puntos de renda sobre a zona de descenso, que marca o Covadonga.

Val Miñor: 
Dani, Mario (Adrián V., MIN. 78), Martín (Marcos, min. 78), Toni, Arnosi, Toti, Davila (Iker, min. 70), Sergio, Somoza (Adrián C., min. 55), Brais, Xoel. 
Sporting de Gijón: 
Javi, Guille (Coto, min. 87), Pablo, David, Jordi (Juanma, min. 82), Pelayo, Abraham (Toquero, min. 79), Lucas (Samu, min. 61), Mece, Gaspar, Matme. 
Goles:
0-1, min. 27: Abraham; 0-2, min. 36: Gaspar; 1-2, min. 55: Adri C.; 1-3, min. 90: Gaspar. 
Árbitro:
Pablo Álvarez Calderón. Non amosou cartóns durante o partido. 
Incidencias:
Partido correspondente á décimo sexta xornada no grupo I de División de Honra xuvenil. 

Te puede interesar