ciclismo

Auga e lameiro de Vigo a Eiras

Os corredores fixeron a saída no barrio vigués do Calvario para despois percorrer 100 quilómetros entre a cidade, o embalse de Eiras e regreso.
photo_camera Os corredores fixeron a saída no barrio vigués do Calvario para despois percorrer 100 quilómetros entre a cidade, o embalse de Eiras e regreso.

Os participantes na Gran Bikedade padeceron unha xornada con choiva e barro, que finalizaron 300 ciclistas

A Gran Bikedada foi aprazada no mes de febreiro porque a choiva provocou desprendementos de terra no percorrido. Uns meses despois, o trazado xa estaba acondicionado para o paso dos ciclistas aínda que onte o agua volveu a marcar a xornada. Neste caso para endurecer a marcha e para facela máis bela. 
A proba en bicicleta de montaña comezou á primeira hora da mañá no Calvario, onde o concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández, e o alcalde de Gustatoya, Jorge Orellana Pinto, realizaron o corte de cinta. O dirixente americano estivo no evento porque a Gran Bikedada ten unha compoñente solidaria, que recada fondos para o departamento guatemalteco de El Progreso. 
Tras o acto oficial, e baixo unha choiva feble, os participantes comezaron o percorrido. Cada un optou polo seu ritmo e o pelotón pronto comezou a estirarse. A auga marcou a Gran Bikedada. Nun primeiro momento porque une Vigo co embalse de Eiras, o encoro que asiste de líquido elemento á cidade. Ademais, gran parte da ruta vai pola coñecida rota do auga e, se todos estes elementos non son suficientes, a choiva dos últimos días engadiu regos, torrentes, regatos no camiño e continuos lameiros.
Os ciclistas xa chegaban ó primeiro avituallamento con barro polas costas, a faciana e ata as orellas. A partir de aí quedaban aínda moitos metros ata o final do percorrido, incluído todo o tramo de Pazos de Borbén e Fornelos, que foi especialmente duro.
O número de inscritos estivo nos 492 e, ó final, chegaron á liña de meta aproximadamente trescentos participantes. A pesar de non establecerse clasificacións de forma oficial, ó tratarse dunha marcha, si era cronometrada. Os máis rápidos en facela foron Santiago Pereira (3h 12:07), Adrián Chapela (3h 12:08) e Javier Fuentes (3h 12:09). O que indica o forte ritmo destes corredores cabeceiros, que marcaron unha media por enriba dos 32 quilómetros á hora. 
Outros padeceron problemas e existiron as caídas. As máis fortes, as de dous participantes que tiveron que ser evacuados en ambulancia. Un con posible fractura de clavícula e outro cun forte golpe na cara. Ó final, rodar polo monte pode ter perigo.n

Te puede interesar