fútbol

Ó ataque da cuarta praza

Carlos Campo, do Alondras, e Pablo Couñago, do Choco, loitan polo esférico.
photo_camera Carlos Campo, do Alondras, e Pablo Couñago, do Choco, loitan polo esférico.

O Choco, a dous puntos da promoción de ascenso, visita ó Alondras (17:00, O Morrazo)

Jacobo Montes non esconde as cartas nin as intencións. "Cada partido que xogamos nós é atractivo. Somos un equipo ofensivo e, aínda que melloramos moito dende o inicio de tempada, é compricado inculcar características defensivas á xogadores con certas características". 
Polo tanto, o plantexamento do Choco esta tarde no campo de O Morrazo será tratar de levar o peso do encontro e buscar a vitoria dende o primeiro momento. Diante dos de Redondela, estará un Alondras que aínda non está salvado e que, de non gañar, podería compricarse moito o final de tempada: "Para nós é un partido moi importante", recoñece o preparador do equipo de Cangas, Manolo Tomé. 
A táboa clasificatoria reflícte dúas realidades distintas para dous equipos que teñen un mesmo patrón de xogo. Ambos con xogadores de talento e os dous cun centro do campo creativo. Non obstante, a diferencia de vinteún puntos na táboa está causada pola capacidade de definición. O Choco só encaixou dous goles menos que o Alondras en toda a tempada, pero o equipo de Redondela anotou 59 tantos polos 36 do conxunto de O Morrazo. 
Consciente do seu punto débil, Manolo Tomé recoñece que "na casa cóstanos moito facer goles. Temos problemas á hora de atacar, sobre todo carecemos de velocidade". Para buscar solucións, o entrenador recoñeceu que "seguramente esta tarde vai a entrar o xuvenil Abel no equipo inicial".  
Una novidade para tentar facer dano a un equipo ofensivo como o Choco e no que Jacobo Montes mantén as baixas de Molinos e Albert e, tralo partido do pasado domingo, únese a de Robi. Manu Lojo regresa ó equipo e, con case toda probabilidade, ó once inicial para acompañar na medular a Xosé Ramón e enviar a Caloi a mediapunta. "Fóra da casa non podemos arriscar tanto", indica Montes e engade que "non sei que Alondras vamos a atopar. É un equipo irregular, pero supoño que estará motivado porque aínda non acadou a permanencia e no seu campo a xente presiona moito". 
O Choco afronta o partido a dous puntos do cuarto posto que permite xogar a promoción de ascenso a Segunda B. Unha situación especial para un recén ascendido e cun número importante de xogadores da localidade. Aínda así, o equipo de Jacobo Montes quere loitar por acceder a estas posicións, polo que a vitoria esta tarde é obrigatoria.
Pola súa banda, o Alondras dispón dunha renda de oito puntos sobre o descenso, que poderían ser seis en caso de que se produzan dous descensos dende a categoría superior, polo que unha vitoria evitaría disgustos. 
No partido da primeira volta disputado en Santa Mariña viviuse o encontro previsto para dous equipos que apostan polo fútbol ofensivo. O Choco impúxose por 3-2 nun partido de ida e volta no que a posesión a tivo o Alondras, pero a eficacia local no remate desnivelou o enfrontamento.n 

Te puede interesar