fútbol

O Areas fala portugués

Domingos Freitas 'Mingos', presidente do Areas, co novo corpo técnico da entidade.
photo_camera Domingos Freitas 'Mingos', presidente do Areas, co novo corpo técnico da entidade.

A entidade incorpora a Paulo Ferreira na dirección e a Carlos Machado como adestrador

O Cultural Areas inicia este verán unha nova etapa deportiva que afecta a tódolos estamentos da entidade. Domingos Freitas 'Mingos', presidente do club, optou por dar un xiro na xestión e incorporou ó luso Paulo Ferreira como director deportivo da entidade. Pola súa banda, o dirixente buscou un novo corpo técnico que está encabezado por Carlos Machado como primeiro adestrador. 
No aspecto deportivo, o traballo da nova xestión ten dúas intencións: "A pesar de que estamos nun club amateur, tentar dar unha estrutura profesional a entidade e ascender ó equipo a Terceira nun ou dous anos", indica Ferreira.
No segundo lugar, no referente ó primeiro equipo o plan é "facer un bloque sólido e forte que poida competir pola zona alta e regresar a Terceira a curto prazo. No primeiro ano igual é moi cedo, pero si no segundo". Este principio indica manter a oito ou nove dos futbolistas que remataron o curso o pasado mes de maio e despois reforzarse con xogadores de entidade "pero o mercado de Tereceira está parado e os futbolistas buscan un sitio nesta categoría. Temos que ter paciencia". 
O novo ciclo do Cultural Areas ten unha folla de ruta máis longa e afecta a todos os estamentos porque "queremos implantar unha visión máis profesional, que pasa por subir o nivel da canteira e tamén melloras na xestión, que permitan ó club ter máis ingresos e chegar máis os afeccionados". 
Isto supón tentar reforzar as categorías inferiores do Areas que agora xa contan con un novo campo de céspede artificial. "Queremos que este ano o equipo xuvenil poida estar preto do primeiro equipo e despois mellorar pouco a pouco os distintos equipos mantendo unha liña de traballo conxunta", matiza Paulo Ferreira. 
O director deportivo engade que "a aposta é por un fútbol bonito, de toque e de ataque, que guste ós seguidores que vaian ó campo. Isto inclúe unha filosofía ambiciosa e a intención de gañar". 
O Cultural Areas disputará esta tempada o seu segundo curso consecutivo en Preferente Sur e o fai un novo proxecto que supó moitos cambios. De feito, Ferreira recoñece que "estamos tendo dificultades porque cando se comeza algo novo sempre existen críticas e xente que non está a favor, pero temos clara a nosa idea". Unha idea procedente da beira sur do Miño para o Cultural Areas. Novos tempo no campo da Lomba.n

Te puede interesar