terceira división

O Areas afástase do pozo

O Cultural Areas obtivo onte a vitoria ante o Ribadumia.
photo_camera O Cultural Areas obtivo onte a vitoria ante o Ribadumia.

O equipo de Yago Yao sumou a vitoria onte ante o Ribadumia ó aproveitar a expulsión de Miguel Vázquez nun partido de tolos

O Cultural Areas escapa a toda velocidade da zona baixa da táboa tras a chegada de Yago Yao ó banco e, precisamente, impulsado pola rapidez do extremo Yanis Belhadi, que onte protagonizou a acción que marcou todo o encontro ante o Ribadumia.
Camiño do cuarto de hora de xogo o Ribadumia perdeu o balón en defensa, o extremo marchaba á carreira cara Iván Parada e Miguel Vázquez optou por paralo en falta. Último home, cartón vermello directo e, ademais, Canhoto puxo o balón preto da cruceta ó sacar a infracción. Os agasallos locais non quedaron aí porque, ó sacar de centro, volveron a errar na zaga. Pase do defensa a Mintegui, que debutou onte coa camisola do Areas, e diana do dianteiro.
Dous goles abaixo e en inferioridade, o técnico do Ribadumia optou por unha defensa de tres. A cuestión era encaixar unha goleada ou remontar. Hugo opcións para pasar as dúas cousas porque o Areas errou mans a mans e ata un penalti, pero soamente marcou Bruniño. O equipo local fixo dous tantos e, nos últimos dez minutos, o porteiro Luis realizou paradas de mérito. Vitoria do Areas.

Ribadumia: 
Parada, Santi Padín, Somoza (Cristian, min. 71), Miguel Vázquez, Bugallo, Pablo Mota, Fran Fandiño (Romero, min. 80), Gabri Sanín, Filgueira, Dani Santiago (Domingo, min. 30), Hugo Soto.
Cultural Areas: 
Luis, Isi, Iván, Nuno Paulo, Samu, Telmo, Canhoto, Martín Ross, Yanis (Jorge Fernández, min. 51), Bruniño (Dias, min. 87), Mintegui (Álex Villar, min. 76). .
Goles: 
0-1, min. 15: Canhoto; 0-2, min. 16: Mintegui; 0-3, min. 58: Bruniño; 1-3, min. 64: Santi Padín; 2-3, min. 79: Cristian. 
Árbitro: 
Zulema González. Expulsou con cartón vermello directo a Miguel Vázquez (min. 14). Amonestou a Hugo Soto e Sanín polo Ribadumia e a Telmo, Yanis e Dias, no Cultural Areas. 

Te puede interesar