vig-bay

Amiguiños do correr

Os voluntarios realizan unha tarefa de enorme importancia á que engaden gritos de ánimo.
photo_camera Os voluntarios realizan unha tarefa de enorme importancia á que engaden gritos de ánimo.

A Vig-Bay, que pensa na maratón en 2019, xunta a ducias de voluntarios que poñen esforzo, ó que engaden gritos de ánimo

A maioría con chaleco verde da organización. Son imprescindibles para unha carreira como a Vig-Bay, pero ademais son básicos polo seu empeño en animar ós corredores. Xa pode ser o primeiro, o terceiro ou o penúltimo que vai xuramentando en Caín cun xemelgo con cambras. 


Os voluntarios ofrecen auga e animan ós corredores ata facer o percorrido case levadeiro. A estes engádese un público moitas veces entusiasta e, tamén, procedente de outros deportes. En calquera recuncho aparece un espectador para animar, aínda que tamén hai unha especial diversidade de participantes dentro do pelotón. 
Están os que van a gañar, que son poucos, os moitos que buscan mellorar marcas, pero tamén os que apuntánse na Vig-Bay pero carecen de espírito competitivo. A cuestión é chegar e, incluso, realizan o traxecto cun familiar ou co seu grupo habitual de corredores. Pola estrada entre Vigo e Baiona había corredores de aquí e tamén un bo número chegado de Portugal. Un dos grupos, por enriba das dúas horas, tiña pinta de rematar a xornada cunha festa gastronómica particular tras a deportiva. Aínda que, entre a diversidade de integrantes da Vig-Bay, debe de ser un pouco triste o papel do corredor 'globo' das dúas horas, que carecía de atletas que seguían o seu ritmo. 

Maratón para 2019
O vindeiro ano, a organización da Vig-Bay ten previsto organizar a vixésima media maratón entre Vigo e Baiona e, para conmemorar esta data, a idea é ofrecer tamén a distancia de maratón por primeira vez en Vigo. Sería de xeito 'excepcional' e para conmemorar unha data tan sinalada. Ó percorrido habitual habería que engadirlle o regreso ata Vigo. Unha tarefa que parece sinxela, pero que incrementa as horas de corte da estrada de xeito notable.n

Te puede interesar