terceira división

Alondras e Choco buscan a promoción

Comis, do Choco, conduce o balón nun partido desta tempada.
photo_camera Comis, do Choco, conduce o balón nun partido desta tempada.

 O Alondras e o Choco afrontan unha nova xornada na Terceira División coa vista posta na promoción de ascenso, mentres que o Cultural Areas loita por afastarse das posicións que conducen a Preferente. 


O equipo cangués inicia a xornada na quinta posición cos mesmos puntos que o cuarto, o Arosa. A formación dirixida por Antonio Fernández visita ó Somozas (18:00) coas baixas de Diego e Mauro, por lesión; Hortal, por decisión técnica; e Jesús Varela, sancionado. Unha lista ampla que limita as opciones do técnico especialmente na pacela de ataque. 
Pola súa banda, o Choco tamén viaxa para medirse ó Laracha (17:30). Marcos Montes deixou fóra da convocatoria a Ronald, Gabi Misa e Óscar Castellano 'Chiqui'. Félix entra na lista dunha formación de Redondela que marcha na oitava posición a cinco puntos da promoción de ascenso.
O Cultural Areas está nunha loita diferente porque busca afastarse da zona de descenso. Ata o momento ocupa a décimo sexta praza, que ó baixar o Cerceda, tamén conduce á categoría inferior polo arrastre. Yago Yao perde para o enfrontamento desta tarde na Lomba ante o Noia (18:00) a Nuno, Samu e Roberto Pastoriza.n

Te puede interesar