balonmano división honor

O adeus de Soraia Lopes

Soraia Lopes é agarrada por unha rival no partido ante o Guardés.
photo_camera Soraia Lopes é agarrada por unha rival no partido ante o Guardés.

O Porriño remata as renovacións á espera de Cecilia Cacheda, coa que ultima os detalles

O Balonmán Porriño xa ten encamiñado ó proxecto para a vindeira temporada e despexadas as principais dúbidas existentes ó comezo do verán. Soraia Lopes, que con anterioridade manifestou a intención de cambiar de equipo comunicou de xeito definitivo á dirección do club que deixa a entidade. Deste xeito, o conxunto das riberas do Louro perde a súa máxima goleadora na última tempada e que rematou o ano como a quinta na estatística de goles en División de Honra feminina. Aínda así, a entidade porriñesa entende que non perderá un excesivo potencial porque conta con dúas xogadoras para o extremo que ocupaba Lopes. De feito, Abel Estévez, o adestrador, tentou en varias ocasións adaptar á xogadora lusa á primeira liña, pero non terminou de acadar o seu obxectivo. 
Precisamente, a dirección do Porriño traballa na contratación dunha xogadora de primeira liña e con algo de lanzamento exterior. O club entende que esta é a principal necesidade. Non obstante, ata o momento non teñen ningunha opción firme porque a política é cerrar unha contratación dunha xogadora que marque as diferenzas e eleve de xeito claro o nivel do equipo. Dende o Porriño manteñen que para incorporar a unha xogadora que non sexa determinante, prefiren dar minutos ás canteiráns da entidade e cunha proxección interesante.
O Balonmán Porriño pechou o capítulo de renovacións con tres baixas, ademais de Lopes, Emma Prieto e a pivote Nekane Terés. Neste caso, non será reemplazada porque o club ten a dúas xogadras para esta posición e conta coa xuvenil Alicia. 

Cecilia Cacheda, a punto
No capítulo de renovacións, o Balonmán Porriño pechou o capítulo salvo o caso da central Cecilia Cacheda. É a única xogadora que aínda non resolveu o seu futuro, pero as negociacións están moi avanzadas e nos próximos días a central de Lalín certificará a súa continuidade no equipo. Neste momentos, está a recuperarse dunha lesión no seu ombreiro. 
Deste xeito, no Porriño continuarán Andrea e Alba Dapena, Orsolya Simon 'Xica', Sara Gil, Sandra Costas, Carla Rivas, Lorena Pérez, Sarai Samartín, Babi Cerqueira, Gemma Martínez, Sandra López e as porteiras Susi Sánchez e Iris Sanjuan. A elas únese a grovense Irene Sánchez, incorporada este verán. 
Deste xeito, a entidade das ribeiras lo Louro traballa na chegada de dúas xogadoras, unha delas, destinada a formar parte da primeira liña e ter un papel importante.n 
 

Te puede interesar