Víctor Freixanes, elixido novo presidente da RAG

O novo presidente da RAG, Víctor Freixanes.
photo_camera O novo presidente da RAG, Víctor Freixanes.

O escritor e profesor Víctor Fernández Freixanes foi elixido novo presidente da Real Academia Galega (RAG). O exdirector da Editorial Galaxia recibiu o apoio de 18 dos 19 académicos presentes nunha sesión plenaria marcada pola cita electoral, á que se presentou unha única candidatura.

 O equipo que acompañará a Freixanes contará con Henrique Monteagudo (secretario); Andrés Torres Queiruga (vicesecretario); Marilar Aleixandre (tesoureira) e Fina Casalderrey (bibliotecaria e responsable do Arquivo).
Dos 28 académicos con dereito a voto, tres escusaron a súa asistencia e outro seis ausentáronse pola súa discrepancia sobre o proceso electoral, ao entender que a candidatura de Freixanes afonda na "división" no seo da RAG. Este grupo de académicos críticos anunciou a súa intención a través dunha carta asinada por Manuel González, un dos académicos que soaba como candidato a presidir a RAG co apoio do sector crítico coa actual directiva e que xa se postulou xunto a Xesús Alonso Montero no proceso de 2013.
Sobre esta protesta, Freixanes fixo un chamamento para que estes académicos se unan "ao esforzo" de facer que a Academia mire "ao futuro". "Porque o camiño o temos que facer xuntos", sentenciou. Así, insistiu na necesidade de traballar para crear "o maior clima de consenso". "Facer o cesto o máis sólido posible", destacou. A pesar diso, comprendeu a pervivencia de "posicións distintas" sobre a situación da institución.n
 

Te puede interesar